Saturday 18 de May de 2024

Festas Patronais de Santa Uxía


O concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, e a concelleira de cultura Antía Alberte, o tenente de alcalde Vicente Mariño e o párroco Alfonso Mera presentaron hoxe as festas patronais de Santa Uxía.

Esta edición arranca o venres 8 coas bombas de palenque ás 10 da mañá e rematarán o martes 12, día de Santa Uxía, coa misa solemne e procesión acompañada da Xoven Banda de Narón e o grupo de gaitas Xiada.

Durante as festas terán lugar actuacións musicais e eventos culturais como a inauguración da mostra “En comuñón co mar” no C.C Lustres Rivas o venres, ou a Ruada do Traxe Aires de Dorna, o sábado pola tarde.